Xoves, 01 Setembro 2016 10:54

Data de inicio da construcción do Instituto

Data de inicio da construcción do Instituto

A CONSTRUCIÓN DO INSTITUTO DE ARCADE COMEZARÁ DURANTE O MES DE SETEMBRO

- A obra foi adxudicada por un importe de 5.320.540,08 euros á empresa Acciona.

- O conselleiro de educación, Román Rodríguez González, visitou o Concello para manter a última reunión informativa co alcalde, Agustín Reguera, e os representantes educativos da zona. A construción do Instituto de Arcade xa ten data de inicio.

Os primeiros traballos de movementos de terras previos á cimentación comezarán a finais deste mes de setembro.

Así se confirmou onte durante a visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez González, ao Concello de Soutomaior para manter a última reunión informativa co alcalde, Agustín Reguera, a concelleira de educación, Fátima Vidal,e os responsables de educación do CPI Padín Tuiteiro.

O encontro tiña como finalizade informar a todos os responsables das áreas de educación da zona dos últimos detalles sobre o novo instituto ademais de comunicar a recente adxudicación da obra o pasado día 19 de agosto á empresa Acciona e o próximo inicio dos traballos, fixado para finais do mes de setembro sempre que as condicións meteorolóxicas permítano.


Publicado en Educación
Visto 2576 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Visita ARGALLAR. Unha exposición para xogar coa aquitectura.

15-10-2019 / Educación

O Concello de Soutomaior organiza unha visita á EXPOSICIÓN ARGALLAR para o domingo 27 de outubro que se ubica no Museo do Monte Gaiás en Santiago de Compostela. Esta visita terá un carácter lúdico e didáctico que se complementará con máis actividades que se desenvolverán durante a xornada. ARGALLAR é un grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura...