Venres, 24 Febreiro 2017 11:46

Entroido Escola infantil de Romariz

Entroido Escola infantil de Romariz

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello  a tradicional visita nestas datas dos integrantes da Escola Infantil de Romariz.

Disfrazados para a ocasión de comparsa de trogloditas, un ano máis, os alumnos desta escola infantil percorreron as rúas de Soutomaior desde o seu colexio ao Concello para gozar dun intre agradable en compañía do Alcalde.

A comparsa formada por máis de 35 persoas entre os 20 nenos e os seus pais e profesores, chegou ao Concello ao redor das 11:00 horas da mañá. Tras ser recibidos o alcalde, Agustín Reguera,  e  despois duns breves saúdos ós pequenos, procedeu a repartir entre os membros unha pequena bolsa de agasallo repleta de lambetadas. O comentario xeral centrábase no gran detalle dos disfraces e a ledicia dos mais pequenos. Agustín Reguera, expresou a súa satisfacción con esta clase de iniciativas, que pretenden fomentar as festas entre os máis pequenos do concello. “As festas significan ledicia, e nada proporciona máis satisfacións neste mundo que os nen@s”, afirmou o edil. Ao terminar, a comparsa infantil regresou á Escola de Romariz.


Publicado en Educación
Visto 1560 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Educación

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.