Mércores, 02 Setembro 2015 13:35

Axudas para material Escolar

Axudas para material Escolar

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR CONVOCA AS SÚAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2015-2016 O Concello de Soutomaior convoca un ano máis o seu programa de axudas para a adquisición de material escolar e didáctico.

Un plan co que se pretende colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os alumnos pertencentes aos centros educativos do Concello.

O Concello de Soutomaior, sendo consciente do grande esforzo que deben realizar as familias do municipio ao inicio de cada curso escolar para adquirir os libros de texto e material escolar didáctico pretende emendar na medida do posible esta situación cunha nova convocatoria de axudas para os alumnos dos tres centros educativos de Soutomaior baixo titularidade municipal, o CPI Manuel PadínTruiteiro, a Escola Infantil Soutomaior "Galiña Azul" e a Escola de Educación Infantil de Romariz.

Para solicitar estas axudas é necesario se pai, nai ou titor dun alumno matriculado nalgún dos centros citados anteriormente para o curso 2015-2016.

Do mesmo modo, a unidade familiar deberá estar empadroada ademais de cumprir o baremo económico recollido nas bases.

As solicitudes para acollerse a este programa deberán presentarse na oficina de Servizos Sociais de Soutomaior, sita na Casa do Concello, antes do 25 de setembro.


Publicado en Educación
Visto 1675 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Educación

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.