Xoves, 03 Setembro 2015 10:25

Finalización de traballos nos Centros Escolares

Finalización de traballos nos Centros Escolares

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR FINALIZA OS TRABALLOS NOS SEUS COLEXIOS PARA O INICIO DO NOVO CURSO.

O alcalde, Agustín Reguera, e a edil de Educación, Fátima Vidal, comprobaron o estado das obras.

Os centros de ensino do Concello de Soutomaior acolleron durante as últimas semanas varias obras de mellora nas súas instalacións co obxectivo de satisfacer as necesidades de profesores e alumnos de cara ao comezo do próximo curso escolar. Os traballos incluíron diversas melloras e reparacións nas aulas, patios de recreo e instalacións exteriores de todos os centros educativos.

O C.P.I. Manuel Padín Truiteiro é o centro escolar que máis traballos acolleu. A principal novidade é a instalación dun novo pavimento de terra compactada en todo o patio de recreo. Do mesmo modo se instalarán 175 metros de cerrado no ámbito do campo de deportes e acondicionaranse e reformarán varias cunetas destinadas á evacuación de augas pluviais. Ademais dos traballos para renovar a pintura de varias aulas, cuartos de aseo e zonas de comedor, revisáronse todas as persianas e elementos de calefacción para garantir o seu perfecto estado. Ademais dos traballos no interior do colexio, o ámbito do CPI Padín Truiteiro tamén foron obxecto de mellora.

Finalizaron os traballos de asfaltado na rúa Arcade de Arriba, que dá acceso ao centro, o que sumado ao novo aparcadoiro exterior "mellorará sensiblemente a seguridade vial dos usuarios do colexio", afirmou Agustín Reguera.

A escola infantil "A galiña azul" xa está preparada para o ano escolar co repintado e mantemento de varias das aulas, corredores ademais das clásicas revisións de seguridade.

Para finalizar, no edificio de educación infantil en Arcade, pintáronse catro aulas completamente ademais das habituais revisións en elementos de alto uso e desgaste como os enchufes, persianas, billas...

Esta obra esta incluida dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Deputación de Pontevedra e contou cun orzamento de 22.306,92 €


Publicado en Educación
Visto 1664 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Educación

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.