Xoves, 08 Novembro 2018 17:43

Chega o Nadal! Excursión ó parque temático Perlim

Chega o Nadal! Excursión ó parque temático Perlim

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal 2018 organiza para o sábado 15 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado en Santa Maria da Feira (Portugal).

PERLIM é un lugar para soñar e imaxinar, onde os seus habitantes teñen características únicas e máxicas nun espazo que ten un século de existencia e serve como telón de fondo perfecto para pasar un día rodeados de historias inspiradoras, alegres e contaxiosas nunhas datas tan entrañables como as do Nadal. Un lugar perfecto para compartir ilusión e tamén para divertirse porque conta con máis de vinte áreas temáticas!, Teatros Musicais, Grandes Formatos escénicos, Escenarios Interactivos, Atraccións, Espectáculos Piromusicais, Ilusionismo Circulante, e ¡moito, moito máis!.

Por todo isto, desde o Concello animamos aos veciños e veciñas a participar nesta viaxe cargada de maxia. A duración será dun día durante o cal se visitará todo o parque incluíndo o custe: a entrada, o xantar, desprazamentos en autobús e seguros de viaxe.

Xantaremos no restaurante "Degustaría da Vila". Cando fagades as inscricións en LIÑA poderedes seleccionar o menús que vos dará diferentes opcións tanto para adultos como para menores.

Haberá dúas paradas de autobús:

  • 10.00 h Casa do Concello
  • 10.15 Cruce de Pierres

O horario de chegada ó Concello aproximado será ao redor das 22 h

Cota: 12€ empadroados/as; 30€ non empadroados/as (consultar bonificación familiares e outras).

Prazo de inscrición: ata o martes 4 de decembro. As inscricións realizaranse EN LIÑA e as prazas son limitadas. Se algunha persoa ten dificultades para facelo poderá achegarse á OMIX e resolver alí as súas dúbidas.

O pago farase mediante transferencia bancaria nas contas do Concello de Soutomaior. Haberá que entregar o resgardo de pago na OMIX ou envialo por correo electrónico á Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes de que peche o prazo de inscrición

 

AXENDA MUNICIPAL (INSCRICIÓNS)


Concellería de Xuventude
Excursión Parque Temático de Nadal Perlim 

perlim.jpg

Inscricións ata: 04 Dec 2018 
Datas: 15-12-2018 ó: 15-12-2018 / Todo o día
Lugar: Parque Temático Perlim, Portugal 
Destinatarios/as: Todas as idades e + máis (menores acompañados), (menores con autorización)

Inscrición en LIÑA

Publicado en Xuventude
Visto 1147 veces


Concellería de Xuventude
OMIX

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

09-10-2019 / Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao desenvolvemento e evolución destas modalidades deportivas urbanas no Concello de Soutomaior e ofrecer unha alternativa de lecer á mocidade ofertando propostas variadas que se adapten a todos os intereses da...