Mércores, 02 Decembro 2015 13:10

Actividades para o Nadal!

Actividades para o Nadal!

O Concello de Soutomaior publica o programa de actividades  que se desenvolverán durante o mes de decembro para as vacacións de Nadal. Todas as actividades teñen un compoñente lúdico e festivo.  Algunhas destas actividades teñén marcados prazos de inscrición e as prazas son limitadas polo que animámosvos a consultar o programa e a inscribirvos o antes posible se estades interesados/as. O programa inclúe actividades organizadas pola Concellería de Xuventude e tamén pola Concellería de Educación, que este ano promove unha actividade moi novidosa como é o Tecnocamp dirixidos a público infantil e xuvenil. Este campamento urbano ten como finalidade promover valores e habilidades sociais traballados desde o lecer e o tempo libre pero tamén, quere ofrecer contidos sobre ciencia, a arte e  tecnoloxía.

As actividades programadas son:

LUDONADAL: ESPECIAL ACTIVIDADES EN FAMILIA (Inscrición  na OMIX ata o 17 de decembro)

OBRADOIRO DE MODELADO CON ARCILLA “JUMPINGCLAY”: CONTOS DE NADAL

Idades: todas as idades a partir de 2 anos, acompañados dun familiar adulto.

Datas: 21 e 28 de decembro de 18 a 19,30 h /  Lugar: Multiusos, Arcade.

 

TECNOCAMP (campamento urbano de Nadal)

Actividades: ciencia e tecnolóxicas, xogos, saídas e visitas, videoxogos, modelado3D,

realidade aumentada, robótica, etc.,

Destinatarios/as: persoas de 4 a 17 anos

Datas: 21,22,28 e 29 de decembro / Horarios: 9 a 13,30 h

Custe: empadroados-as 20 €; non empadroados-as 60€ 

Información e inscricións: ata o 11 de decembro na OMIX, Multiusos (Arcade)

 

FESTIVAL XUVENIL DA SOLIDARIEDADE

(actuación de grupos municipais de baile, teatro pintura, etc)

Data: venres 18 de decembro ás 21,00.   Lugar: Multiusos, Arcade.

 

ENTREGA DE PREMIOS XIV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Data: sábado 19 de decembro ás 19,30

 Animación a cargo de “FALABARATAS” / Lugar: Multiusos, Arcade.           

Prazo de presentación de postais na OMIX ata o 10/12/2015

 

QUEDADA para a despedir o ano!

Martes 29 de decembro de 18,30 a 21,30 h na Antiga Escola de Alxán

Obradoiros de: break dance e de cake pops, cócteles sen alcohol e moita FESTA!!

Actuación de CLOVERCLAP e DJ

Custe da entrada: 1€  - Acceso só con entrada anticipada

Recolle a túa entrada na OMIX, Multiusos (Arcade). Prazo límite: 22/12/2015

 

 

 Máis información: na OMIX -  Multiusos, Arcade 986700822 


Publicado en Xuventude
Visto 3412 veces


Concellería de Xuventude
OMIX

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

09-10-2019 / Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao desenvolvemento e evolución destas modalidades deportivas urbanas no Concello de Soutomaior e ofrecer unha alternativa de lecer á mocidade ofertando propostas variadas que se adapten a todos os intereses da...