Venres, 13 Xaneiro 2017 16:29

Cursos de formación e actividades de lecer para comezar o ano

Cursos de formación e actividades de lecer para comezar o ano

Iniciamos o novo ano cunha proposta formativa e lúdica variada que inclúe actividades de formación  para todas as idades pero fundamentalmente pensadas para que a mocidade poida obtar a recursos para o emprego cos que seguir formándose e adquirir competencias laborais para ter máis oportunidades no mercado laboral tendo en conta as demandas. Tamén con un curso de preparación para obter a titulación oficial da ESO co que se pretende que os mozos e mozas que no seu momento non puideron rematar estes estudos poidan facelo agora dun xeito máis flexible reincorporándose novamente a unha formación que lles abrirá portas para seguir estudando ou para acceder a postos de traballo nos que esta titulación é un requisito imprescindible. Arelación de cursos abrangue diferentes ámbitos:

Curso oficial de monitores/as de tempo libre de 350 h co que se obten unha formación non formal pero que é unha titulación oficial da Xunta de Galicia coa que xa se pode traballar directamente no ámbito dos servizos á comunidade e da animación e tempo libre. Inclúe 200 h teórico prácticas e 150 h de prácticas en empresas.

Curso de operacións básica de arranxo, limepza e posta a punto de pisos en aloxamentos de hostelería de 60 h para capacitar no exercizo das funcións propias deste posto de traballo que nos últimos anos ten unha alta demanda na noza comarca debido ao crecemento do sector turístico. Este curso inclúe 30 h de teoría impartidas por especialistas na materia e 30 h de formación en empresas para que o alumnado vaia adquirindo experiencia e achegándose ao mercado laboral para posteriormente deixar os seus currículos.

Outro dos cursos que se ofertan, que tamén están tendo unha elevada demanda, é o de monitor/a acompañante de transporte escolar (40 h) porque é perfil cada vez máis demandado polas empresas dado que permite contratar a xente formada que axuda na prevención de accidentes e saber actuar ante as situacións de emerxencia que se producen nun autobús cando os menores son trasladados aos seus centros escolares. Tamén porque estas persoas realizan labores de acompañamento quepermiten un maior control sobre os menores ofrecendo unha mairo seguridade ás familias. Ao igual que as propostas anteriores este curso terá unha parte teórica de 20 h e unha parte práctica en empresas do sector de 20 h.

No ámbito das tecnoloxías ofertamos un curso sobre como crear aplicacións informáticas. Este perfil tamén ten unha gran demanda laboral debido a que este tipo de ferramentas cada vez son máis utilizadas a nivel persoal pero tamén no ámbito laboral porque se usan no eido comercial como complemento de productos de apoio para ordenadores ou ben para permitir unha maior accesibilidade pois ofrecen información  sinxela e accesible para todos os públicos dun xeito rápido e fácil de manexar para un usuario/a de internet nivel iniciación. Ademáis, con este curso achegámonos ao mundo da programación usando sofware libre. As persoas que participen poderán crear a súa propia APP para comezar a usala de inmediato.

Ofértase tamén un curso de manipulación de alimentos porque este curso ten unha alta demanda en moitos sectores productivos.

A proposta deste trimestre tamén inclúe actividades cun carácter más lúdico e festivo. Aproveitando que en breve comezaremos cos festexos de entroido convocamos a actividade PARTICIPA NA COMPARSA MUNICIPAL DE ENTROIDO. O prazo para participar nesta actividade xa está aberto. Vai dirixida a todas as persoas mozas e non tan mozas que queiran divertirse e celebrar unha das festas con maior tradición en Galicia. A temática da comparsa está adaptada para que todas as persoas independentemente da súa idade poidan participar e sentirse integradas.

Outra das propostas lúdicas, especialmente dirxida á mocidade é a Quedada! Que nesta ocasión xirará arredor do cine de terror. Nesta ocasión coa proxección da película Maggie o sábado 8 de abril ás 21 h no Multiusos en Arcade.

E, xa para rematar e para que a creatividade se poña en marcha anúnciase o X Concurso Verbas para Comunicar co que se conmemorará o día das Letras Galegas. Este ano inclúese unha nova modalidade que é a audiovisual para que os mozos e mozas poidan presentarse a este concurso, ademais do formato clásico do texto ou redacción, co formato en vídeo ou audio. As bases publicaránse nos vindeiros meses na web.

 


Publicado en Xuventude
Descargar adjuntos:

2017 - 1 Trimestre Programacion Xuventude.pdf (646 Descargas)
Visto 3000 veces


Concellería de Xuventude
OMIX

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horario: xoves de 21 a 22 h Actividade 2: BAILES LATINOS Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e horarios:martes de 21 a 22 h Actividade 3: DANZA URBANA CONTEMPORÁNEA Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...