fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 24 Xullo 2018 13:08

A concurso a cafetería do novo instituto

A concurso a cafetería do novo instituto

O Concello de Soutomaior faise eco da publicación para fomentar o acceso ao proceso por parte dos veciños

 A Xunta de Galicia acaba de sacar a concurso a concesión da cafetería do novo instituto público de Soutomaior, que entrará en servizo o próximo mes de setembro. O anuncio aparece recollido na web municipal e conta cunha ligazón á publicación orixinal para que todos os interesados poidan acceder á información necesaria para o proceso.

A publicación aparece recollida no Diario Oficial de Galicia do pasado martes, boletín número 136, na sección de Anuncios, e nela recóllense os pasos necesarios para optar á concesión, tanto os prazos como os centros nos que solicitar e presentar a documentación necesaria.


Publicado en Alcaldía
Visto 4030 veces