Mércores, 21 Outubro 2015 10:54

Seguridade Viaria

Seguridade Viaria

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR CONCRETA MEDIDAS PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA NO CENTRO DE ARCADE

O alcalde, Agustín Reguera, reuniuse co Xefe provincial do Servizo de Infraestruturas da Xunta, Fausto Nuñez, para concretar varias propostas.

A seguridade viaria en Arcade é unha das grandes preocupacións do goberno local de Soutomaior. Para tratar posibles solucións a este tema, o alcalde, Agustín Reguera, reuniuse esta pasada semana co xefe provincial do Servizo de Infraestruturas da Xunta, Fausto Nuñez.

O encontro tiña como obxectivo concretar a construción de varias infraestruturas que incrementen a seguridade de vehículos e peóns, como unha rotonda no cruze de Cochón, varios pasos de peóns elevados e a reforma na pasarela da Montesiña.

O primeiro tema tratado no encontro foi a instalación de catro novos pasos de peóns elevados en dous das vías principais de Arcade, Xose Solla e Calvario. Estes novos pasos de peóns pretenden reducir a velocidade do tráfico rodado en zonas especialmente sensibles como os arredores das paradas dun autobús escolar ou cruces conflitivos. En concreto instalaranse dous pasos elevados na Rúa Calvario e outros dous na Avenida Xosé Solla.

O seguinte tema a tratar na reunión co representante da Xunta era a construción dunha rotonda na intersección entre as rúas Cochón, Xosé Solla e Calvario. Unha medida que ten como obxectivo organizar o tráfico rodado de maneira eficiente e moderar a velocidade dos vehículos neste punto. A proposta foi ben recibida por Nuñez, que se comprometeu a estudala en profundidade ademais de aproveitar o encontro para concretar as actuacións necesarias por parte do Concello para facilitar a futura realización da mellora, como son a reorganización de postes, cableado eléctrico e outros servizos no contorno do cruze.

A última reivindicación que presentou o alcalde de Soutomaior foi a do arranxo e reforma da pasarela de madeira da Montesiña. Unha solicitude que xa foi presentada por escrito hai uns meses e que o rexedor local lembrou novamente. Nuñez, pola súa banda, comprometeuse a realizar un arranxo inmediato que evite a degradación da infraestrutura e unha reforma completa da mesma nun futuro próximo.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, cualificou o encontro como “moi positivo xa que responde as solicitudes de moitos veciños ademais de reforzar as nosas actuacións nun tema de vital importancia como é a seguridade de vehículos e peóns”.

Este encontro súmase aos realizados anteriormente polo goberno local de Soutomaior en busca de melloras para a seguridade viaria, como a reunión no Ministerio de Fomento para concretar unha nova rotonda na entrada de Arcade ou o encontro coa conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, para solicitar melloras viarias e financiamento para a rede de saneamento de Soutomaior.


Publicado en Alcaldía
Visto 3167 veces

Alcaldía

O Concello de Soutomaior conclúe o proxecto de Modernización e mellora do Multiusos de Arcade financiado

O Concello de Soutomaior conclúe o proxecto de Modernización e mellora do Multiusos de Arcade financiado

17-07-2023 / Alcaldía

O Concello de Soutomaior conclúe o proxecto de Modernización e mellora do espazo escénico e musical do Auditorio Municipal do Multiusos de Arcade financiado ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, co apoio da Xunta de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E) Tras valorar o Concello de Soutomaior...

Manu Lourenzo anuncia ás comunidades de montes que o goberno aumentará o número de hidrantes...

Manu Lourenzo anuncia ás comunidades de montes que o goberno aumentará o número de hidrantes...

08-07-2023 / Alcaldía

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, participou onte nunha reunión conxunta cos representantes das comunidades de montes do concello, na que tamén estivo presente a concelleira de Medio Rural e...

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, continúa a rolda de reunións para buscar solucións á...

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, continúa a rolda de reunións para buscar solucións á...

07-07-2023 / Alcaldía

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, segue a manter reunións con todas as administracións implicadas para buscar solucións o antes posible á situación da fábrica da Pontesa, que ardeu o...

O Concello de Soutomaior solicita unha reunión coa Dirección Xeral de Costas para atopar solucións á situación da Pontesa

29-06-2023 / Alcaldía

O Concello de Soutomaior vén de solicitar unha reunión coa Dirección Xeral de Costas para tratar de atopar solucións á situación derivada do incendio producido na Pontesa o pasado 6...

Gran acordo para recuperar a ostra en Arcade

14-04-2023 / Alcaldía

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, mantivo hoxe un encontro coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, na que obtivo o compromiso da Xunta de iniciar unha acción de investigación para...

Inaugurada a Academia de Música da Artística de Arcade

30-08-2022 / Alcaldía

Rematadas as obras de mantemento, insonorización e renovación da academia de Música da Banda Artística de Arcade, o pasado venres celebrouse a inauguración deste espazo, que luce agora moito mellor...

A mochila da luz pasa por Arcade escoltada polos maiores de Boas Apertas e por un grupo de gaiteiros

20-07-2022 / Alcaldía

A mochila da Luz, unha iniciativa que transporta unha luz acesa ao longo do Camiño de Santiago para homenaxear ás vítimas da pandemia, parou hoxe en Arcade. Un ano máis...

O Concello mantén a súa política de “taxas 0” nas terrazas para apoiar aos hostaleiros

16-06-2022 / Alcaldía

O concello mantense do lado dos hostaleiros locais, que, como vén sendo habitual desde hai anos, non pagan ninguna taxa polas súas terrazas. Esta axuda, que pretende potenciar o sector da...