fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 27 Novembro 2015 10:33

Conxeladas as taxas municipais 2016

Conxeladas as taxas municipais 2016

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR CONXELA TODAS AS TAXAS MUNICIPAIS POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO

O goberno local de Soutomaior adopto a decisión da conxelación das taxas e impostos municipais para o ano 2016.

Trátase dunha conxelación de tributos locais que o Concello aplica desde o ano 2013 ante a situación económica xeral, segundo explicou esta mañá o alcalde, Agustín Reguera.

Impostos como a rodaxe dos vehículos, rede de sumidoiros, vaos de aparcadoiro, obras e todos os derivados de ordenanzas fiscais municipais manterán o seu importe un ano máis para reducir a presión fiscal nos contribuíntes, especialmente importante nesta situación de dificultades economicas.

Desta maneira os veciños pagarán en 2016 o mesmo que en 2013, explicou o Alcalde, que continuou, “Aínda que a recadación é fundamental para que un concello poida desenvolver programas e acometer investimentos, hai que ser conscientes das dificultades que teñen moitos veciños para chegar a fin de mes”.

Caso á parte supón o imposto sobre bens inmobles (IBI), que ademais de non aumentar o seu importe, pagarase un 1% menos con respecto a anos anteriores.

O alcalde de Soutomaior indicou que a política ditada nestes últimos anos polo goberno local foi a de conxelar todas as taxas e impostos municipais para evitar deste xeito a carga sobre os cidadáns e apostar pola loita contra a fraude en moitos dos impostos.

É unha aposta pola eficiencia da xestión económica municipal.

A eficiencia que nos permitiu alcanzar a débeda 0 e conxelar os impostos durante estes tres anos, comentou Agustín Reguera , que se mostrou moi satisfeito ao poder cumprir desta maneira unha das súas primeiras promesas electorais, “prometémolo no seu día e cumprímolo”. “É máis, seguirémolo facendo mentres a situación permítao”, finalizou.


Publicado en Alcaldía
Visto 2861 veces