O Concello de Soutomaior anuncia a suspensión temporal de todos os pagos e taxas municipais. A medida pretende aliviar os posibles problemas económicos que poidan xurdir entre a veciñanza a raíz do parón económico resultante do confinamento.
Desta maneira, durante todo o tempo que dure o estado de alarma sanitaria, ademais de suspenderse todos os prazos administrativos que estaban en marcha, tamén se aprazan todos os pagos e taxas municipais que os veciños deberían afrontar durante estes meses.
Unha vez finalizado o estado de alarma realizarase un novo calendario no que se terá en conta a situación actual.
Tamén se está elaborando unha táboa de bonificación aos afectados pola paralización das actividades comerciais xa que non se poden eliminar impostos porque é ilegal, pero si bonificalos para tratar de axudar a todos aos que a situación actual está a supoñerlles un grave problema.