As novas medidas para poboacións de menos de 10.001 habitantes que se relacionan no BOE do día de hoxe 22 de maio e que afectan á flexibilización da medidas circulación de persoas e á hostalería non terán efecto no noso Concello.
Esta orde ten por obxecto flexibilizar certas restricións nos municipios de menor tamaño que aínda se atopan en Fase 1 do Plan de transición cara a unha nova normalidade.
Esta orde será de aplicación tanto aos municipios como aos entes de ámbito territorial inferior ao municipio recolleitos no artigo 24 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, cando teñan menos de 10.001 habitantes e densidade de poboación inferior a 100 habitantes por quilómetro cadrado.
No noso municipio a densidade de poboación é de 290 habitantes por quilómetro cadrado polo que esta normativa non se pode aplicar ata que sexan reguladas medidas de carácter máis flexible que as contidas nesta orde.