Martes, 30 Xuño 2020 09:32

Plan de inserción laboral para mulleres que sofren violencia de xénero,

Plan de inserción laboral para mulleres que sofren violencia de xénero,

O Alcalde de Soutomaior,Agustín Reguera,mantivo onte un encontro co Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre o plan de inserción laboral para mulleres que sofren violencia de xénero, polo cal 38 entidades locais galegas contratarán a a 68 mulleres, no que tamén participa o noso concello , que contratará a dúas mulleres.

Alfonso Rueda explicou que este é programa pioneiro que se puxo en marcha o pasado ano por primeira vez en Galicia grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. As axudas teñen como finalidade principal apoiar ás mulleres vítimas da violencia de xénero na súa integración laboral que lles permita unha independencia económica co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.

A contía da subvención é, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude e acorde coa súa categoría profesional.

As contratacións polas cales se conceda a subvención deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, competencia das entidades locais e deben ser executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas ás que se encomende a súa execución. A duración dos contratos será como mínimo de 4 meses, aínda que a maior parte das mulleres van ser contratadas durante 12 meses.


Publicado en Alcaldía
Visto 268 veces


Alcaldía
Casa do Concello

Notificación de interrupción da subministración eléctrica

04-08-2020 / Alcaldía

Pasamos nota da comunicación que nos fai chegar UFD Distribución Electricidade,S.A. - Grupo Naturgy Notificación de interrupción da subministración eléctrica Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámoslles que o próximo día 11 de agosto de 2020, de 1:00 a 3:00 horas, vai proceder...

TV Alcaldía de Soutomaior