O Concello de Soutomaior quere expresar o seu pesar polo falecemento de dúas veciñas do municipio, vítimas dun violento crime a mans dun familiar, polo que decreta dous días de loito oficial e o izado a medio mastro de todas as bandeiras que ondean en todos os edificios municipais.
Ademais, o goberno local suspendeu todas as actividades municipais programadas para esta fin de semana.
A decisión foi tomada de forma conxunta polos dirixentes dos dous grupos políticos con representación na corporación municipal.
O alcalde, Agustín Reguera, trasladou, en nome do consistorio e da poboación de Soutomaior, a súa máis sentido pésame aos familiares e amigos das vítimas.