fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Outubro 2020 12:17

Protocolo de prevención da covid nos cemiterios ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos

Protocolo de prevención da covid nos cemiterios ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos

Ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos, tendo en conta que é xornada conleva a agrupación nos cemiterios de persoas nun curto período de tempo, moitas delas vulnerables e o consecuente encontro de unidades familiares de distintos ámbitos territoriais, o,   Concello de Soutomaior establece unha serie de recomendacións que minimicen o risco de transmisión do Covid 19.

-          Recoméndase desprazarse aos cemiterios de maneira graduada durante a fin de semana

-          Lembrar a normativa vixente en canto ao uso obrigatorio da máscara cirúrxica/hixiénica e sinala a importancia dunha adecuada hixiene de mans e respiratoria e mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

-          Usar os dispensadores de solución/xel hidroalcohólico ou antisépticos con actividade virucida debidamente autorizados e rexistrados para uso dos  visitantes en puntos do recinto.

-          Establecese un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes.

-          A duración das visitas deberá ser o máis breve posible e en ningún caso, deberá ser superior a 30 minutos.

-          Para a circulación de persoas establécese unha serie de sinais que deben de ser respectadas


Publicado en Alcaldía
Visto 911 veces