fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Outubro 2020 14:33

Xunta implanta restricións de entrada e saída en distintas ciudades galegas

Xunta implanta restricións de entrada e saída en distintas ciudades galegas

A Xunta decretou o peche perimetral das grandes cidades de Galicia en vésperas da ponte de Todos os Santos. Vigo; A Coruña e Arteixo; Santiago, Ames e Teo; Ferrol, Narón, Fene e Neda; Pontevedra, Poio e Marín; Vimianzo; e Lugo (en Ourense mantense a limitación que xa había) terán que pechar as súas limites desde as tres da tarde deste venres ata o martes 3 de novembro, prohibindo a entrada e saída de persoas salvo excepcións , sobre todo no que respecta a a mobilidade:

-         Desprazamentos para actividades profesionais sempre que se acredite e dispóñase dunha declaración da empresa certificando o desprazamento

-          Desprazamento para a atención de dependentes ou persoas maiores. Tamén se pode abandonar o termo municipal para a atención de menores de idade

-           Desprazamento por motivo de estudos ou trámites administrativos que sexa imprescindible realizar presencialmente. Neste caso, a Consellería de Sanidade pide aos estudantes universitarios que queden onde residen cando están a cursar os seus estudos e non regresen esta fin de semana ao seu domicilio familiar co fin de limitar os movementos e reducir o risco de contaxio por coronavirus ás súas familias.

-          As reunións só poderanse celebrar entre persoas conviventes.

-           En toda Galicia, ademais, o toque de queda mantense de 23.00 horas a 6.00 horas da madrugada.

No Concello de Soutomaior mantéñense as mesmas restricións que ata o de agora nos incumbían


Publicado en Alcaldía
Visto 908 veces