Xoves, 05 Novembro 2020 09:37

Conxelación de todas as taxas municipais

Conxelación de todas as taxas municipais

O Concello de Soutomaior acaba de aprobar unha nova conxelación de taxas municipais para o próximo ano. Unha medida que o goberno local adoptou en 2013 co obxectivo de conter a presión fiscal sobre os veciños durante a crise económica e que agora se mantén para paliar no posible as consecuencias económicas derivadas da pandemia.

Impostos como a rodaxe dos vehículos, rede de sumidoiros, vaos de aparcamento, obras e todos os derivados de ordenanzas fiscais municipais manterán o seu importe un ano máis para reducir a presión fiscal sobre os contribuíntes, especialmente importante nesta situación de crise. Aínda que a recadación é fundamental para que un concello poida desenvolver programas e acometer investimentos nestes momentos a prioridade é aliviar no posible a situación dos veciños e os comerciantes do municipio.

Tamén se manterá a eliminación total da taxa aplicada á hostalería pola instalación das súas terrazas.

 Baixada do 10% no recibo de tratamento de residuos .

Ademais da conxelación de todas as taxas municipais, o Concello de Soutomaior aprobou esta mañá, durante un pleno extraordinario, a baixada dun 10% na taxa por tratamento, transporte e eliminación de residuos urbanos. Unha taxa, incluída no recibo de recollida de lixo, que será recortada grazas aos esforzos dos veciños do municipio por aumentar a porcentaxe de reciclaxe e así reducir a cantidade de residuos.


Publicado en Alcaldía
Visto 597 veces


Alcaldía
Casa do Concello

Principais medidas do plan da Xunta para Nadal

22-12-2020 / Alcaldía

O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de onte, manter O CONCELLO DE SOUTOMAIOR NO NIVEL MEDIO. Hostalería: ao 40% en interior e 50% en exterior e ata as 23.00 horas. Movilidad: limitada ao perímetro excepto  de forma "excepcional", suprimiranse as restricións de mobilidade que afectan os...

TV Alcaldía de Soutomaior