fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 29 Marzo 2022 15:08

Novas placas numeradas para todas as vivendas de Soutomaior

Novas placas numeradas para  todas as vivendas de Soutomaior

O  Concello de Soutomaior empezou coa colocación das novas placas que adornarán as fachadas de cada edificio e coas que se pretende facilitar a orientación de todo tipo de servizos. Así, as novas placas contarán co número da vivenda nun tamaño e tipografía perfectamente lexible, así como coa rúa na que e atopa. Por baixo, o novo escudo do  Concello de Soutomaior.

Os traballos de colocación terán lugar durante os próximos tres meses, nos que varios operarios instalarán as placas nas fachadas dos inmobles e selaranos con  Pattex  premium, un adhesivo de montaxe  extraforte, resistente á auga e á intemperie. Cabe destacar que o prezo total do plan é de 14.943,50 € que saen dos fondos propios do concello.

En canto ao formato das novas placas, optouse por un deseño enfocado á súa utilidade, que non descoida a estética. Trátase dunha sinalización de 15x15 cm, con 4 mm de grosor e en cor azul.

Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou a importancia desta nova sinalización que “facilitará enormemente o labor dos servizos de emerxencias, así como a Protección Civil, a Policía ou os Bombeiros”. Ademais, engadiu que esta nova  marcación clara e visible, permitirá unha mellor orientación dos servizos de mensaxeria e  paquetería, algo imprescindible “nestes tempos nos que todo o mundo fai compras por internet”.

Doutra banda, esta melloría na sinalización das casas será de gran axuda para as operadoras dos distintos servizos públicos como a auga, a electricidade, as telecomunicacións ou o gas. Tamén para a confección de diferentes patróns fiscais como o IBI ou a recollida de lixos.


Publicado en Alcaldía
Visto 396 veces