fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 07 Abril 2022 12:35

Preparado o Plan de Emerxencia da Presa de Eiras

Preparado o Plan de Emerxencia da Presa de Eiras

O alcalde, Agustín Reguera, acudiu onte xunto ao responsable da Protección Civil de Soutomaior, Carlos  Bas, a  unha sesión de información sobre o Plan de  Emerxencia da Presa de Eiras. Esta construción, situada no Río Oitavén, inaugurouse no ano 1977, ten unha altura de máis de 51 metros e está construída completamente de formigón.

Na reunión fíxose fincapé en que o risco de rotura dunha construción deste estilo é practicamente inexistente, con todo, este tipo de estruturas deben contar cun plan de emerxencia altamente eficaz que protexa á poboación en caso de desastre.

Na  contorna de Arcade e Soutomaior, os puntos de encontro no caso de que soasen as sirenas de alerta son o Campo de  Fútbol  Graciano Padín; a Alameda de Talo Río e o Centro Cultural e Social Pontesampaio.


Publicado en Alcaldía
Visto 508 veces