A mochila da Luz, unha iniciativa que transporta unha luz acesa ao longo do Camiño de Santiago para homenaxear ás vítimas da pandemia, parou hoxe en Arcade. Un ano máis, o Centro Boas Apertas acompañou a Lara, portadora da mochila, ata a ponte Romana. Con eles, un grupo de Peregrinos que saíron de Portugal, un grupo de gaiteiros e o alcalde de Soutomaior que tamén quixo achegarse a participar nesta bonita iniciativa.
Xunto a Lara, que pertence á Asociación DisCamino, estaban a súa avoa e a súa irmá.