fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 17 Xullo 2023 12:11

O Concello de Soutomaior conclúe o proxecto de Modernización e mellora do Multiusos de Arcade financiado

O Concello de Soutomaior conclúe o proxecto de Modernización e mellora do Multiusos de Arcade financiado

O Concello de Soutomaior conclúe o proxecto de Modernización e mellora do espazo escénico e musical do Auditorio Municipal do Multiusos de Arcade financiado ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, co apoio da Xunta de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E)

Tras valorar o Concello de Soutomaior a presentación deste proxecto encaixado no compoñente 24, Revalorización da industria cultural, que recolle reformas e investimentos orientados a fortalecer a cadea de valor das industrias culturais españolas e promove tres eixes estratéxicos: a competitividade, a dinamización e cohesión do territorio, e a dixitalización e sustentabilidade dos grandes servizos culturais, o Concello de Soutomaior presenta a esta convocatoria un proxecto por un importe total de 37.398,68 euros (con IVE) dos cales obtén unha subvención de 21.635,60€, sendo sufragado o importe restante con fondos municipais.

O proxecto inclúe o equipamento do auditorio do Multiúsos de Arcade con equipos de son, iluminación e imaxe.

Os obxectivos xerais  deste proxecto eran: 

  • Modernizar e mellorar o espazo escénico e musical do Auditorio municipal do Multiusos de Arcade.
  • Impulsar a xestión sustentable dos procesos de xestión cultural municipal.
  • Aproveitar os recursos instalados e instalar novos sistemas de xestión complementaria para procurar unha maior eficacia e eficiencia enerxética.
  • Promocionar e fomentar a cultura galega en espazos de calidade.

Publicado en Alcaldía
Visto 285 veces