fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 12 Agosto 2016 12:51

Gracias de corazón

Gracias de corazón

Hoxe que xa temos un día máis tranquilo é o momento dos agradecementos.

A todos os veciños e veciñas de Arcade e Soutomaior, quérovos trasladar a miña gratitude pola vosa mostra de traballo, solidaridade e valor na extinción dos incendios dos pasados días.

A vosa labor non ten prezo, a vosa forza e sacrificio é un exemplo para todos.

Deixastes constancia do que sodes capaces nos peores momentos. Síntome orgulloso da vosa grandeza e xenerosidade que demostrastes nas peores circunstancias que sufrimos pola barbarie dos lumes.

Quero mostrar tamén o meu agradecemento ós traballadores das Brigadas de Medio Rural, Unidade Militar de Emerxencias, Bombeiros, Garda Civil e traballadores municipais, que demostraron a súa profesionalidade e o seu bo facer nas labores de extinción dos incendios.

A todos e todas , Gracias de corazón.

Agustín Reguera

Alcalde de Soutomaior


Publicado en Alcaldía
Visto 4677 veces