fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 07 Mai 2015 13:57

Visita ao Concello

Visita ao Concello

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu esta mañá a visita de case 50 alumnos de 4º de Primaria do Colexio Manuel PadínTruiteiro na Casa do Concello.

Nunha amena charla no salón de plenos do Concello, os pequenos formularon as súas preguntas o rexedor local e recibiron de mans do mesmo un pequeno obsequio de material escolar.

O tradicional encontro finalizou cun breve percorrido polas oficinas municipais onde os alumnos puideron comprobar de primeira man o funcionamento da Casa Consistorial e observar o traballo que nela se realiza.


Publicado en Alcaldía
Visto 3823 veces