Venres, 06 Outubro 2017 14:03

100 anos, felicidades

María Garrido Parada, veciña Centenaria

María Garrido Parada, veciña Centenaria

O Concello de Soutomaior conta cunha nova centenaria entres os seus habitantes. María Garrido Parada, veciña de Arcade, celebrou esta semana os seus 100 aniversarios en compañía de familiares e amigos. O alcalde, Agustín Reguera, quixo sumarse ás felicitacións e fíxolle entrega dun ramo de flores e un recordo de parte do Concello como recordo desta grata efeméride.

María viviu toda a súa vida no barrio da Montesiña, en Soutomaior, ata que fai unhas tres décadas trasladouse a Arcade para vivir coa súa filla e o seu xenro, os encargados do seu coidado.

“O seu estado de saúde é envexable e as súas ganas de vivir son enormes”, destacou o alcalde. 


Publicado en Alcaldía
Visto 2396 veces


Alcaldía
Casa do Concello

Comisión de seguimento do COVID-19

02-04-2020 / Alcaldía

Na última reunión da comisión de seguimento do COVID-19 do Concello de Soutomaior, celebrada no día de onte, deuse conta das accións máis importantes e agradeceuse ás seguintes persoas e establecementos locais as doazóns realizadas ao Concello ou aos Centros de Saúde:. Jacobo Martínez (marisquería Arcade) doazón de alimentos. Víctor López (Arcade Visión) doazón mascarillas María Teresa Pérez, doazón guantes Rosario Couñago (Rapaces) doazón...

TV Alcaldía de Soutomaior