fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 14 Novembro 2017 09:48

Convenio con ASPAVI

Convenio con ASPAVI

Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén únense ao proxecto “Vilas,Pobos e Cidades para todos”

Os tres concellos da comarca uníronse para promover de forma conxunta a accesibilidade das persoas con diversidade funcional. Grazas ao convenio que os tres alcaldes asinaron hoxe coa Asociación ASPAVI, durante o próximo ano, técnicos especializados percorrerán e analizarán as distintas dependencias municipais dos concellos adscritos propoñendo melloras de accesibilidade física e cognitiva para a súa posterior implantación.

Mapas en braille das oficinas de cada concello, mostradores máis baixos para facilitar a atención de persoas con mobilidade reducida ou señalética adaptada a persoas con problemas cognitivos son algunhas das propostas iniciais desta iniciativa que xa se está levando a cabo con éxito noutros municipios da provincia.

O proxecto finalizará o segundo trimestre de 2018 coa redacción dun informe no que se avaliará a accesibilidade dos edificios municipais estudados e propoñerase unha lista de melloras concretas para cada edificio para a súa posterior implantación.


Publicado en Alcaldía
Visto 2402 veces