fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 20 Decembro 2017 12:35

Manifestación contra o trasvase do río Verdugo

Manifestación contra o trasvase do río Verdugo

O Concello de Soutomaior, a través dos tres grupos políticos, acordou convocar unha manifestación o vindeiro sábado día 23 a partir das 11,00 horas con saída desde o Peirao de Arcade baixo o lema” Soutomaior contra o trasvase do Verdugo. En defensa dos bancos marisqueiros”

Tamén se acordou que sexa a Patroa Maior da Confraría de Arcade quen lea o manifesto final de reivindicación. Animamos a todos os vecnos a participar no rexeitamento ao trasvase e en defensa dos bancos marisqueiros 


Publicado en Alcaldía
Visto 2343 veces