O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas institucións para a mellora do viario de acceso ao novo instituto.
A actuación, solicitada polo goberno local tras o anuncio da concesión do novo centro por parte da Xunta de Galicia , contará cun orzamento de 176.000 euros que serán financiados conxuntamente entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior.
A colaboración entre institucións permitiu que o novo centro público salga adiante, sumando entre todos polo interese común do proxecto e dos veciños do Concello de Soutomaior”.
A Xunta de Galicia achegou un total de 6,3 millóns de euros na construción do centro, permisos, a Deputación de Pontevedra 123.000 euros para a urbanización do acceso ao novo centro, e o Concellode Soutomaior 480.000 euros entre a adquisición dos terreos necesarios, a dotación de servizos e a urbanización do exterior do centro.