![]()
O Concello de Soutomaior pon a súa disposición este programa para que os Reis Magos poidan contactar cos nenos e nenas de Soutomaior e compartir un momento moi especial como é a agardada Noite de Reis.
Este é un ano diferente e complicado pero a maxia e a ilusión poden seguir estando presentes nas nosas vidas.
Participar será moi sinxelo soamente terá que seguir uns pasos moi sinxelos explicados cando cumprimente o formulario para concertar o día e hora no que quere recibir a súa vídeo-chamada.
As idades dos nenos e nenas que poden participar serán de 2 a 10 anos (ambas incluídas).
Despois do rexistro persoal debe marcar a data e a hora. Lembre que:
Se non pode dispoñer dun número de teléfono con whatsApp, NON SE PREOCUPE, póñase en contacto con nós neste número 641 585 245 e os Elfos chamarano/a canto antes para ofrecerlle unha alternativa e que poida recibir igualmente a vídeo - chamada.
Accesos : 1922 |