OBRADOIROS / Concellería de Cultura
Denominación: Contacontos e obradoiros artísticos.
Para que o programa sexa máis atractivo, por unha banda, en cada sesión traballaremos a diferentes artistas galegos/as seleccionados para dar a coñecer o patrimonio cultural galego e a diversidade de propostas que nos atopamos na nosa realidade. E, por outra banda, utilizaremos diferentes espazos de lecer do municipio na época estival.
Na primeira parte de cada sesión, realizarase unha breve e amena introdución de contacontos e narración oral sobre a vida e a obra do/da artista SELECCIONADA PARA CADA SESIÓN co apoio de imaxes das súas creacións máis representativas. A continuación, desenvolverase un obradoiro de expresión plástica inspirado na obra da persoa protagonista, onde se utilizarán diversas técnicas.
Con tal fin, tiraremos ao aire os nosos chapeus para darlle renda solta á imaxinación, igual que fixo Maruxa Mallo e traballaremos con ela a terra e o mar. Foi unha pintora surrealista galega
Accesos : 640 |