OBRADOIROS / Concellería de Cultura
Encontros lingoreteiros: Arte e Lingua - Contacontos + obradoiro
> NOTA: Teñen preferencia as persoas inscritas en liña en prazo. Se quedan vacantes cubriranse por orde de chegada no mesmo día da actividade ata completar aforo.
Para que o programa sexa máis atractivo, por unha banda, en cada sesión traballaremos a diferentes artistas galegos/as seleccionados para dar a coñecer o patrimonio cultural galego e a diversidade de propostas que nos atopamos na nosa realidade. E, por outra banda, utilizaremos diferentes espazos de lecer do municipio na época estival.
Na primeira parte de cada sesión, realizarase unha breve e amena introdución de contacontos e narración oral sobre a vida e a obra do/da artista SELECCIONADA PARA CADA SESIÓN co apoio de imaxes das súas creacións máis representativas. A continuación, desenvolverase un obradoiro de expresión plástica inspirado na obra da persoa protagonista, onde se utilizarán diversas técnicas.
Accesos : 680 |