OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Campamento de Inmersión lingüística: Inglés en Peares 

Inicio da actividade: 05-07-2021
Fin da actividade: 10-07-2021
Dias da actividade: Do 5 ata 10 de xullo
Destinatarios/as: 12 - 17 anos
Prazas: 50
Acceso: Reserva de Butacas
Lugar da actividade: Os Peares - Ribeira Sacra

desde 07-06-2021 > DESCARGAS: BASES CAMPAMENTO INMERSION PEARES 2021.pdf

DESCRICIÓN

Aprender inglés sen saír de Galicia no centro de inmersión lingüística Os Peares en plena Ribeira Sacra que se sitúa nun antigo pobo construído a principios do século XX para albergar ó persoal da presa hidroeléctrica de Os Peares. Unha aventura na que ademais tamén participaredes en actividades de aventura e de tempo libre moi divertidas! Actividades:

  • FUN ENGLISH. Actividades educativas para entrenar e mellorar o idioma inglés. 
  • TEAM BUILDING. Confía nos teus compañeiros/as! Traballar sobre as relacións a través dos xogos nos que será imprescindible confiar noutras persoas para poder gañar.
  • ENGINEERING PROJECT. Construir un barco. Dous equipos, cada un dunha beira do río na praia fluvial do pobo, enfrontaranse a un reto no que terán que traballar de xeito cooperativo.
  • KAYAK & PADDLEBOARD. A actividade máis popular no encoro de Peares.
  • PAINT MURAL. Pintar nun muro exterior a experiencia en Peares. Arte urbana.
  • ORIENTEERING/HIKING. Interpretar nun mapa e aprender a orientarsse cunha brúxula, resolver enigmas, utilizar un GPS, merendar e refrescarse cun baño na praia fluvial.
  • VELADAS NOCTURNAS e OLYMPIC GAMES

Inclúe: actividades, material, personal titulado, seguridade, desprazamentos.

Unha vez comunicadas as prazas realizaremos unha reunión coas familias e persoas participantes antes do inicio da actividade para concretar todos os aspectos relacionados coa organización.

Máis información na OMIX

Grupos por Idade: GRUPO A: 12 - 14 anos / GRUPO B: 15 - 17 anos Modalidade: Opción 1: 12 a 14 anos (cumpridos no ano en curso) Opción 2: 15 a 17 anos (cumpridos no ano en curso) Custe empadroados/as: 70€  (Custe total: 70€) Custe NON empadroados/as: 250€  (Custe total: 250€) Cotas: 1 cota  Modo de pago: Pago único (ou Custe total)   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago, Fotocopia de DNI (Participante) Forma de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 1331