OBRADOIROS / Plan Municipal de Voluntariado
Trátase dunha actividade na que se inclúen varias accións: a acción principal sobre a que xiran o resto é a de recollida de lixo en zonas nas que chegan moito residuos ou ben porque os trae o mar ou ben pola ocupación que teñen no verán e a dificultade del acceso. Por outra banda, incluímos a acción de creación artística e de esculturas co lixo recollido e por outra banda as actividades de formación para formar parte do equipo de monitores/as de sensibilización que deseñarán os obradoiros dirixidos a público xeral, participanado na organización da exposición itinerante ‘Ti decides a pegada que queres deixar’ e na elaboración e deseño de contidos para redes sociais e realización de actividades de lecer.
Inclúe: actividades, material, personal titulado, seguridade, desprazamentos e para cubrir os gastos que poidan ocasionarse durante a acción voluntaria cada persoa recibirá 6€/día para a cobertura de dietas, desprazamentos, etc. que se ingresarán directamente na conta de cada participante.
Accesos : 380 |