OBRADOIROS / Concellería de Mocidade  

Encontro da Mocidade: Mondaríz Balneario 

Últimas prazas
Inicio da actividade: 09-08-2021
Fin da actividade: 12-08-2021
Dias da actividade: 4 días/3 pernoctas
Destinatarios/as: 12 - 17 anos
Prazas: mínimo 25 máximo 50
Acceso: Reserva de Butacas
Lugar da actividade: Concello de Mondariz

desde 07-07-2021 

DESCRICIÓN

A proposta deste ano xira arredor de tres eixos centraus cos que achegaremos  á mocidade participante á Arte Transmedia (Storytelling a través de disciplinas artísticas escénicas, plásticas e audiovisuais) ao estilo ‘influencer’ para promover os cambios sociais necesarios recollidos nos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) propostos pola ONU na Axenda 2030. Para isto teremos tres bloques de actividades principais: INFLUENCER MOOD (Arte transmedia para a creación de miniseries sobre retos, natureza e igualdade), ECO-XACOBEO (Predeporte na natureza na que haberá tiro con arco, slackline, xeolocalización con gps e multitude de actividades predeportivas) e NOITES PEREGRINAS (Animación teatral, Gran Liga de Match de Improvisación) e moitas outras actividades como cociña, veladas, cine, duros fashion night, etc.

Ademais de gozar do resto de instalacións (piscina, zonas exteriores, arredores, etc).

Durante este encontro traballarase por grupos de idades diferenciados (12 a 14 anos / 15 a 17 anos)

Prazas: 25 prazas de 12 a 14 anos e 25 prazas para as idades de 15 a 17 anos

Lugar: Concello de Mondariz Balneario. Aloxarémonos nunha instalación situada nun paraíso natural, no Val do Tea, no Colexio Marcote. As instalacións están repartidas en máis de 300.000 metros cadrados, a maioría ao aire libre ter contacto coa natureza directo.

DESPRAZAMENTOS: as persoas participantes saírán e regresarán no autobús contratado polo Concello para que ir todos/as xuntos/as.

OBSERVACIÓNS: Realizarase unha reunión co equipo de monitores/as en xullo. A data comunicarase cando se comunique a admisión xunto con toda a información máis detaiada da actividade (horarios de saída e chegada, organización de habitacións, actividades, normas etc.)

Grupos por Idade: GRUPO A: 12 - 14 anos / GRUPO B: 15 - 17 anos Custe empadroados/as: 50€  (Custe total: 50€) Custe NON empadroados/as: 145€  (Custe total: 145€) Cotas: 1  Modo de pago: Pago único (ou Custe total)   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Forma de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 1224