OBRADOIROS / Concellería de Ensino, Concellería de Mocidade
Participar neste proxecto implica obter unha parcela da que te farás responsable como mínimo un ano para aprender a cultivar as túas propias hortalizas dun xeito ecolóxico e biodinámico. No proxecto participan máis hortelanos e hortelanas que che axudarán a iniciarte neste tema e a maiores será obrigatorio asistir a un curso de formación básica que será de balde organizado pola Concellería de Ensino e Medio Ambiente para que poidas obter os coñecementos básicos e así comezar. A maiores, tamén se facilita un dossier con información xeral sobre os aspectos máis importantes en relación a cultivos, rotacións, control de pragas, etc.
Unha vez admitido/a comunicaremos as datas do curso de formación e asignaremosche unha parcela.
Máis información: nos documentos anexos sobre o proxecto da Escola. A maiores da inscrición terás que presentar na OMIX o compromiso de aceptación de normas.
Accesos : 525 |