OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
Espazo educativo e de encontro orientado á protección do medio a través da responsabilidade, innovación e creatividade. Contará con actividades como: escalada, tiro con arco, slack line, equitación, excursión ao Castelos de Vilasobroso, predeportivas, inchables na piscina, obradoiros con TIC, scape room, veladas nocturnas, artísticas, etc.
Destinatarios/as: mozos e mozas de 12 a 17 anos ambas incluídas. 25 participantes paras as idades de 12 a 14 anos e 25 para as idades de 15 a 17 anos.
Duración: 4 días/3 pernoctas
Aloxarémonos nunha instalación situada nun paraíso natural, no Val do Tea, no Colexio Marcote. As instalacións están repartidas en máis de 300.000 metros cadrados con contacto coa natureza directo.
Inclúe: Manutención, pernocta en habitacións dobres, actividades, materiais, persoal titulado e nativo, seguridade, seguros, desprazamento.
Custe da actividade:
O importe final que deberá pagar a persoa interesada é de:
50 Euros/empadroados-as
145 euros non empadroados/as (soamente poderán participar no caso de quedar vacantes e sempre que previamente se cubran como mínimo 25 prazas por persoas empadroadas).
Observacións: Realizarase unha reunión coas familias e participantes na que estará o equipo de monitores/as en xullo: a data comunicarase cando se comunique a admisión.
As prazas cubriranse por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.
Accesos : 804 |