OBRADOIROS / Concellería de Igualdade  

Campamento de Semana Santa Espazo Concilia 2023 

Inicio da actividade: 03-04-2023
Fin da actividade: 10-04-2023
Dias da actividade: 3, 4, 5 e 10 de abril
Destinatarios/as: 3 - 12 anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Infantil
Prazas: 30
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

Inscricións:  desde 16 de marzo
ata 23 de marzo 

DESCRICIÓN

Desde o Concello de Soutomaior ponse en marcha o programa: ESPAZO CONCILIA. Programa adicado a conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola.

Para quen?
Vai dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos de idade, empadroadas no Concello de Soutomaior ou persoas proxenitoras traballando no termino municipal do Concello. O horario é de 9 da mañá á 14 horas, pero existe a posibilidade de entrar as 8.00h e de saír ás 15:00h (dependendo das necesidades de cada familia), durante os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023. Prazas limitadas*.

Con relación as inscricións:
A inscrición das solicitudes poden facerse na páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou nas oficinas do CIM os mércores e venres de 9 a 14h.

Con relación os prazos de inscrición:
O prazo para a inscrición é do 16 ó 23 de marzo, ambos inclusive.
Nunha vez rematado o prazo de inscrición, comunicaremos ás familias as crianzas admitidas.


*No caso de superar o número de prazas establecido,
prevalecerán para adminsión os criterios de vulnerabilidade.
(familia monomarental, diversidade funcional, rendas inferiores)

Horarios opcionais: Opción 1: 08:00 a 15:00 h Opción 2: 08:00 a 14:00 h Opción 3: 09:00 a 15:00 h Opción 4: 09:00 a 14:00 h Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 608