OBRADOIROS / Concellería de Deportes
A partir do próximo luns día 13 ata o venres 24 de setembro no Pavillón Municipal ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas 21-22.
O inicio das actividades será o luns 4 de outubro.
As modalidades deportivas son as seguintes: Iniciación ao deporte, pádel e tenis (infantil e adultos),ximnasia rítmica e acrobática, baloncesto, actividade física para adultos ( AFA),baile moderno, patinaxe deportiva, futbol salga feminino e multideporte. As prazas son limitadas con preferencia para os empadroados no Concello de Soutomaior con mínimos e máximos por actividade e grupo (o número máximo de participantes estará suxeitos ao protocolo que marque a Xunta de Galicia en relación ao deporte non federado galego.)
Todas as actividades serán impartidas por monitores titulados.
Para máis información e inscricións no Pavillón Municipal da Montesiña (986700964) a partir das 18,30 horas de luns a venres
21 Escolas Deportivas (Diptico).pdf
Accesos : 248 |