OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Roteiro: A enerxía da auga (3 h)

Inicio da actividade: 12-11-2017
Fin da actividade: 12-11-2017
Horarios: 10:30 - 13:30
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: Limitadas
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
 

DESCRICIÓN

O Concello de Soutomaior inicia a nova programación de ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS: coñecer o teu entorno e arredores. Este programa de educación mediambiental ten como finalidade  educar e sensibilizar no respecto, conservación do noso patrominio e promoción de valores medioambientais comezando polo noso entorno máis inmediato. Trátase de poñer en valor o que nos rodea, coñecelo e así respetalo. Tamén se promove o senderismo como medio para estar en forma pero tamén como actividade lúdica e de convivencia que permita  xerar ambientes distendidos onde veciños e veciñas pasen un rato entretido aprendendo e compartindo.

A proposta para este trimestre é para  o Domingo 12 de novembro: "A ENERXÍA DA AUGA"

Breve descrición: 6.5 kms, lineal. Dificultade media; desnivel moderado.O desnivel non é moi acusado, pero calificámolo como de nivel medio porque hai un par de costas con terreo desigual, no que hai que poñer moito coidado. Tamén advertimos que non é recomendable para persoas con moita vertixe, pois atravésase unha ponte en altura.

Temas: Neste roteiro camiñaremos ao longo do río Verdugo, gozando da vexetación de ribeira e co fío condutor da Central Hidroeléctrica. Atoparemos as diferentes infraestruturas necesarias para producir enerxía. E, todo isto, rodeado de recunchos de vexetación que nestas zonas pouco accesibles aínda se conservan.

Ferramentas: láminas sobre o funcionamento da minicentral e de elementos naturais salientables mediante as cales a guía irá comentando os aspectos máis.

INSCRICIÓNS:

Para participar é obrigatorio inscribirse previamente.
Data límite 8 de novembro de 2017.
Inscricións a través deste enlace: https://goo.gl/forms/u0vJacdGf5JmozVC2

 

Modo de pago: Non reporta pago   

 

 


Accesos : 1466