CURSOS / Concellería de Mocidade 

Curso Oficial de Monitor/ra de Tempo Libre (350 h)

Inicio da actividade: 03-03-2018
Fin da actividade: 20-05-2018
Horarios: Sábados e Domingos
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: Limitadas
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
 > DESCARGAS: 18-inscrición-monitor-tempo-libre.pdf

DESCRICIÓN

Contidos: os contidos básicos recollidos no Decreto 50/2000 do curso oficial de monitores/as de tempo libre de Xunta. Inclúe saídas, visitas, actividades culturais, practicas durante a formación, etc. O curso consta de 200 h teórico prácticas e 150 h prácticas nunha entidade ou campamento xuvenil. Poderanse realizar prácticas nas actividades municipais.

  • Data e horarios: Sábados de 09:00 a 14:00 h. e de 15:30 a 20:30 horas e Domingos de 09:00 a 14:00. Comezo o 3 de marzo e remate o 20 de Maio. Tendo clase os días festivos de Semana Santa (29 e 30 de marzo e a fin de semana, 31 e  1). Os días 29 e 30 serían en formato intensivo con horario de 09:00 a 14:00 h. e de 15:30 a 20:30 horas os dous días.
  • Matrícula:130€ empadroados/as; 212€ non empadroados/as. O pago poderá fraccionarse: 50% pagaríase no momento da inscrición e 50% antes do 14 de abril de 2018.

* Expide Xunta de Galicia.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

 


Accesos : 1732