Category Image  EVENTOS / Concellería de Cultura  

 

Teatro: Buffet de bufonadas 

Data: Domingo, 8. April 2018
Horario: 20:00 a 21:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

 

Descrición:

Un novo xiro creativo de MDM Producións, incomparable e orixinal que presenta a duas das comedias de Molière: "O burgués xentilhome" e "O avaro" adaptadas de maneira única, cunha galería de personaxes nas escenas máis divertidas...

Monsieur Jourdain é un rico burgués que se empeñou en aprender todo o que sexa necesario para adecuarse aos costumes e modais da nobreza, clase social á cal non pertence.

Para este fin, dedica todo o seu tempo e enerxías a encargar finas vestimentas ao seu xastre e a tomar clases particulares con profesores de música, baile, esgrima e filosofía, que non lle achegan máis que conceptos básicos ou superficiais.

A súa nai, Mamá Jourdain, é moi avara e reprocha constantemente o comportamento  do seu fillo.

Á súa vez Monsieur Jourdain establece unha relación de amizade con Dorante e Dorimena, uns farsantes que se aproveitan deles para pedirlles diñeiro.

Dorante nun dobre xogo, tratará de manter ilusionado a Jourdain coa promesa do amor de Dorimena, e tamén se esmerará en seducir a Mamá Jourdain e facerlle crer, a pesar da súa avanzada idade, que está locamente namorado dela...

As comedias de Molière retratan unha época perfectamente inmortalizada a través da  observación coidadosa e afiada da súa dramaturxia; os seus puntos máis importantes son: a comparación social, os conflitos xeracionais, os valores e contradicións da sociedade.

Nunha clase maxistral de comedia, percorreremos as principais escenas máis brillantes destas dúas magníficas comedias ao mellor estilo MDM.

Desta maneira, continuamos traballando no que é o noso principal obxectivo:  "Achegar ao teatro a todos os públicos"

 

 

Accesos : 1468