OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Roteiro da Pedra e a Auga 

Inicio da actividade: 27-01-2019
Fin da actividade: 27-01-2019
Horarios: BUS Saída: 09:30 h - Chegada: 18:30 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 90 prazas
Lugar da actividade: BUS: Concello - Cruce de Pierres
 ás: 18:00 h.

DESCRICIÓN

Este roteiro forma parte do programa municipal “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea para educar  en valores de respeto e coidado á natureza.

PROGRAMA DA XORNADA:  

Comezaremos a xornada camiñando polo roteiro da pedra e da auga (arredor das 11 h): 6,5 kms. Dificultade baixa; desnivel suave. Lineal. Terreo fácil e sen desnivel, aínda que con algún tramo mais irregular e con algunhas pedras esvaradías. discorre ao longo do río Armenteira, pola vereda que daba servizo a máis de 30 muíños, algúns en ruínas pero outros restaurados. Acompañaranos en todo momento a tan valiosa vexetación de ribeira e o son da auga. Tamén teremos a ocasión de pasar polo Mosteiro de Armenteira.

Ao rematar deixaremos tempo para xantar. Poderedes decidir si facelo de picnic no merendeiro ou no bar/restaurante  “Os castaños” que  está no punto final do roteiro.

  • Saída: 09:30 H Casa do Concello 09:45 H Cruce de Pierres
  • Chegada:  18:30 H Casa do Concello 18.00 H Cruce de Pierres

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Calzado para camiñar. Moi recomendable con protección á auga no caso de realizar roteiros por zonas de auga ou se chove.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío), roupa de baño si fai calor, etc.
  • É recomendable levar gorro ou viseira e crema solar.
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.
  • IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Custe empadroados/as: 3  Custe NON empadroados/as: 9  Modo de pago: Pago único   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Forma de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 620