Category Image  EVENTOS / Semana da Ciencia  

 

Conferencia-relatorio 

Data: Venres, 8. Febreiro 2019
Horario: 20:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
Prazas: Ata completar aforo
Acceso: De pago

 

Descrición:

Ponencia: "O Radon e os seus efectos sobre a saúde" 
Raquel Barbosa Lorenzo


 
Posto actual 
Médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública no Hospital Lucus Augusti (EOXI Lugo, Cervo e Monforte) 
 
Focos de interese científico 
A actividade investigadora centrouse en analizar o efecto do radon sobre a saúde. 
O radon foi considerado como carcinógeno humano pola Axencia Internacional do Cancro en 1988, polo seu efecto demostrado sobre o cancro de pulmón. Con todo, a asociación con outros cancros e outras enfermidades apenas fora analizada ata a realización da presente investigación.
O radon é ubicuo e acumúlase en lugares pechados, como nas vivendas ou en lugares de traballo. A concentración depende fundamentalmente do contido en uranio 238 do subsuelo geolóxico sobre o que se asintan as vivendas. E Galicia, de feito, presenta zonas con elevada concentración de radon. 
 
Breve nota curricular 
Naceu en 1984. Licenciada en Medicina, compaxinou a súa formación en Medicina Preventiva coa realización da súa tese doutoral, cuxo título é Uso epidemiolóxico dos Mapas de Radon. O Mapa de Radon de Galicia. 
Diplomada en deseño e estatística pola Universidade Autónoma de Barcelona, tamén está en posesión do Máster en Saúde Pública e do Máster en Metodoloxía da Investigación en Ciencias da Saúde. Realizou unha estancia formativa no Centro Nacional de Epidemioloxía (Instituto de Saúde Carlos III), no área de Epidemioloxía Ambiental e Cancro. Participa como colaboradora en proxectos do plan nacional de investigación (FIS). 
Ademais, é autora de varios artigos, algún deles publicado en revistas de prestixio no campo da Epidemioloxía e Saúde Pública, como International Journal of Epidemiology e European Journal of Epidemiology. Así mesmo, realizou numerosos relatorios e publicacións en congresos nacionais e internacionais. De feito, a súa comunicación "Mapa de exposición a radon residencial nos municipios galegos"
Obtivo un dos premios ás mellores comunicacións presentadas por persoal novo no II Congreso Íbero-americano de Epidemioloxía e Saúde Pública. Tamén obtivo unha das becas que lle permitiu participar no Encontro de Excelencia da Investigación en Saúde Pública realizado en Menorca.
 
 

 

DESCARGA O PROGRAMA:

Semana da Ciencia en Soutomaior 2019 (PROGRAMA).pdf

 

 

 

Accesos : 398