OBRADOIROS / Plan Municipal de Voluntariado  

Voluntariado Soutopequeno 

Inicio da actividade: 29-03-2019
Fin da actividade: 31-03-2019
Destinatarios/as: 16 - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos - Peirao de Arcade
 

DESCRICIÓN

Voluntariado social, educativo e cultural
 

Departamento: Cultura. Concello de Soutomaior.
Programa: O festival de cine e música SOUTOPEQUENO celébrase no Concello de Soutomaior os días 28, 29, 30 e 31 de marzo, un Festival de cine e música no que ademais haberá pequenos obradoiros musicais e cinematográficos. + info en www.soutopequeno.com
Requisitos: non precisa de experiencia nin requisitos específicos
Funcións: acomodar aos nenos e nenas que asistan ás proxeccións de cinema así como á saída das proxeccións, axudar ao profesorado cos nenos e nenas nos propios obradoiros, recollida e entrega de entradas para as proxeccións, axuda na propia organización do evento no que poida xurdir día a día sempre como apoio e sen responsabilidade seria.
Número de prazas: sen límite.
Datas e horarios: venres 28 a partir dás 20h e sábado 29 e domingo 30 dende ás 11:30 horas ata ás 13:30 e 16:00 horas ata ás 20:30h.
Para o voluntariado dispoñemos de catering sempre e cando o número de horas faga estar dispoñible mañá e tarde, dispoñemos de medio catering si é só media xornada.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 446