CONCURSOS / Concellería de Mocidade   

X Concurso de "Verbas para... comunicar" 

 

Inicio da actividade: 26-03-2017
Fin da actividade: 26-03-2017
Inscricións ata: Mércores, 17. Mayo 2017
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

DESCRICIÓN

Obxectivos:

Promover o uso da lingua galega entre a mocidade e conmemorar o día das Letras Galegas.

Modalidades:

1) Redacción

  • Dun texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., 
  • Só presentación individual. 
  • O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas.
  • O soporte será o papel ou cartolina e o seu tamaño non poderá superar un folio A4, pero si poderá ser inferior a este. 
  • O formato de presentación do papel ou cartolina será libre.

2) Audiovisual

  • Elaboración dun vídeo (curta) e audio (tema musical) cunha duración máxima de 5 minutos. 
  • Pode presentarse de xeito individual ou grupal. 
  • Presentar en USB. 
  • Pode ser gravado con móbil ou cámara. 
  • Acéptanse tamén en calidade HD.
  • Obrigatorio que teña mensaxe en galego escrita ou verbal.
  • Tema e estilo libre

 Destinatarios/as: 

  • Mozos e mozas matriculados/as nalgún curso da ESO, FP ou Bacharelato que estuden no Colexio Manuel Padín Troiteiro ou no Colexio Santiago Apostol.
  • Mozos e mozas que estean empadroados/as no Concello de Soutomaior e non superen os 20 anos.

Categorías

  • Categoría A: idades de 12 a 14 anos. 
  • Categoría B: idades de 15 a 20 anos.

Prazo de presentación: desde o 6 de marzo a 28 de abril.
Entrega de premios en maio para conmemorar o Dia das Letras Galegas (17 de maio)

 

Descarga as Bases:  2017 Bases X Concurso verbas para comunicar.pdf

Modo de pago: Non reporta pago

 

 


Accesos : 1455