OBRADOIROS / Concellería de Mocidade  

Orientación Especial Samaín 

ACTIVIDADE CANCELADA POR CHOIVA
Inicio da actividade: 31-10-2019
Fin da actividade: 31-10-2019
Horarios: Xoves 31 a partir das 19 h; Sábado 2 novembro a partir das 17:30h
Destinatarios/as: 4 - e máis anos
Prazas: Max. 200 / (4-12 persoas/grupo)
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Alameda Talo Río
 

DESCRICIÓN

Narrativa do xogo de orientación:

A deusa da morte Morrigan chegou a Soutomaior, e divagando na escura noite do Samaín,  tenta enfeitizar a todas as persoas que se acheguen a ela. Este feitizo convertá ás persoas en mortas viventes, errando sen rumbo polo Concello de Soutomaior dende a noite do Samaín.

Pero non todo está perdido, xa que tras de Morrigan, achegáranse á vila un feixe de meigas e bruxos que nos axudarán a conseguir, despois de superar unha serie de probas, unhas porcións dun conxuro e uns ingredientes  que darán por expulsada a esta deusa tan malévola.

Idades:

Menores de 10 anos. Deben ir sempre acompañados/as de, alomenos, 1 persoa adulta/grupo. Si son moitos menores terán que ir varias persoas adultas no grupo.
A partir de 10 anos en adiante. Poden ir sós no grupo sen necesidade de persoas adultas.
 
Desenvolvemento:
  • O número de persoas por equipo será de entre 4 mínimo e 12 máximo. Cobres a ficha individual e pos no encabezado o nome do equipo co que vas a participar.
  • Haberá un máximo de 20 equipos ou 200 participantes.
  • Priorizarase á xente empadroada. As persoas non empadroadas quedarán en lista de agarda e si hai prazas serán avisadas previamente.
  • As inscricións realizaranse a través da web do Concello: 
  • https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
  • Os equipos sairán en masa (todos xuntos). Haberá que estar ás 19h en Talo Río para recibir as explicacións e normas do xogo.
  • Cada equipo levará un mapa, cun total de entre 10 e 12 puntos a visitar (en orde distinta por equipo).
  • En cada un deses puntos teredes unha proba ou ben unha pista para chegar á zona da proba. Ao conseguir esa proba conseguiredes unha porción do conxuro ou ingrediente, que teredes que entregar ao final todos os equipos na chegada.

Probas:

  1. A habilidade dos morcegos
  2. A busca dos druídas: 
  3. Os trasnos con boa memoria
  4. A agudeza visual do lobishome
  5. Sopa de letras
  6. Baliza pantasma
  7. Cooperación das meigas
  8. A cabaza rota
  9. Truco/trato
  10. Mensaxe dos/as mortos/as

Recomendacións: 

  • Requírese vir  con roupa e calzado cómodo para participar. 
  • Traer roupa axeitada  tendo en conta o tempo metereolóxico.

DISFRÁZATE e participa no especial Orientación noite do Samaín!

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 1934