Category Image  EVENTOS / Concellería de Cultura  

 

Concerto de Corais 

Data: Sábado, 19. Outubro 2019
Horario: 20:30 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
Prazas: Limitado polo auditorio
Acceso: De pago

 

Descrición:

Este sábado o Multiusos de Arcade acollerá un concerto de corais no que participarán a Coral Helénica do Liceo Casino de Pontevedra, Orfeón Trivés e a local Coral Polifónica Soutomaior

Coral Helénica

O director da agrupación, Manuel Antonio Pintos, explica que as pezas que se representarán serán do mesmo estilo que até o de agora formaban parte do repertorio da Coral Bella Helenes, que el mesmo dirixía. Así, a coral contará cunha variedade de temas de música lixeira acompañada por piano ou armónica para representar nas súas actuacións. Entre os temas que ensaia a agrupación atópanse panxoliñas, cancións populares do folclore galego e español e temas de artistas como Paloma San Basilio, Fuxan os ventos ou Il Divo.

Orfeón Trivés

Orfeon Trivés está dirixida por Sandra González. Dende o seu nacemento no ano 1991 da man de D. Luis Olano, este coro leva participado en numerosos certames, dentro e fóra de Galicia, sentíndose orgulloso de representar ás Terras de Trives alá por onde vai.

Coral Polifónica Soutomaior

Afástase un pouco do repertorio tradicional das corais e atraer á xente nova con cancións máis modernas", explica o director da coral, Javier Comesaña, que engade que "son pezas dos anos 70, 80 e 90, de pop lixeiro moi agradable de escoitar. Son cancións que gustan aos mozos porque as coñecen e sorpréndelles que un grupo coral interpréteas".

Un dos motivos que impulsaron a inclusión destes temas no repertorio da coral é a idade media dos participantes, moi por baixo da habitual nesta clase de agrupacións.

A Coral Polifónica de Soutomaior naceu nos anos 70 como un coro parroquial. Hoxe conta con vinte membros procedentes, principalmente, do propio Concello.

 

 

Accesos : 320