EVENTOS / Concellería de Turismo  

 

Encendido das luces de nadal 

Data: Venres, 29. Novembro 2019
Horario: 17:30 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Alameda Talo Río

 

Descrición:

O Concello de Soutomaior acenderá o Nadal este venres na praza de Talo Río cun espectáculo dirixido a toda a familia, cheo de luz, música e moita maxia.

A partir das 17,30 horas e previo ao aceso terá lugar a festa infantil con animación musical, agasallo de gorros de papa Noel, xogos, panxoliñas, etc.

Sobre as 19,00 horas, coa chegada á Alameda das fascinantes medusas feitas con globos e con luz que danzan ao ritmo da música nadando entre o público, procederase ao aceso de máis de 40 arcos luminosos, motivos do Nadal en farois, elementos decorativos en 3D, Belén e bóla de nadal que se distribuirán ao longo do Concello.

Para os nenos/ as que queiran ser protagonistas e pulsar o botón de aceso realizarase un sorteo e os dous agraciados/ as serán xunto o Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, os que despois da conta atrás poñerán en marcha as luces do Nadal 2019.

 

 

Accesos : 237