Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Xuventude 
profesiones-dixitais.jpg

Novas profesións dixitais. Formación continua na rede (10 h)

Do: 13-07-2020 ó: 17-07-2020
Inscricións ata: Mércores, 8. Julio 2020
Horarios: de 11.30 a 13.30 h
Destinatarios/as: 14 - 35 anos
Menores: Menores con autorización
Prazas: 9 prazas
Entrada: De balde
Lugar da actividade: Multiúsos, Arcade

DESCRICIÓN

Taller para adquirir  novas ferramentas dixitais e comunicativas que son demandadas polo mercado laboral e ás que podes acceder gratuitamente. Estas permiten actualizar coñecementos e coñecer novos recursos cos que poden trazar itinerarios profesionais e mellorar así a túa empregabilidade.

Materiais necesarios: Máscara de protección individual.

 

DESCARGA DICIONAL:

 ANEXO 1 - DECLARACIÓN RESPONSABLE (PROGRAMA XUVENIL DE ACTIVIDADES XULLO 2020)

 


Documentos a entregar: ANEXO 1 Lugar de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

PROTOCOLO DE MEDIDAS DE SEGURIDADE COVID-19  

PROTOCOLO DE MEDIDAS DE SEGURIDADE COVID-19  

 

En todas as actividades haberá un protocolo de seguridade e unhas medidas que se pasarán por escrito a todas as persoas inscritas na actividade e que serán de obrigado cumprimento. 

Todas as persoas no momento da inscrición terán que cumprimentar unha declaración responsable xunto coa ficha de inscrición.

Todas as actividades realizanse ao aire libre e manteranse todas as normas de seguridade tanto de desinfección como de distancia física e uso de proteccións individuais.

Nas actividades para as cales se necesiten mesas desinfectaranse previamente antes do inicio da actividade por parte do equipo de monitorado. 

Cando sexa necesario o uso de material específico propio da actividade cada persoa terá o seu kit individual de traballo co seu nome para que non sexa intercambiable nin compartido. Entregarase por parte do Concello.

No caso das actividades que impliquen traballo de no chan desinfectarase media hora antes do inicio da actividade e ademais cada persoa deberá traer a súa esterilla ou toalla (consultar materiais específicos de cada actividade).

O acceso ás actividades será por orde de chegada PREVIA INSCRICIÓN e será controlado polo monitorado pulverizando as mans das persoas con gel hicroalcólico. 

As prazas son limitadas para garantizar a distancia e cada persoa terá o seu espazo individual de traballo así como as ratios. En todas as actividades teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.

O protocolo estará a disposición das persoas previamente e durante todo o desenvolvemento das actividades. Se algunha persoa o incumpre as normas ou non segue as indicacións do quipo será expulsada da actividade.

Antes do inicio da actividade é obrigatorio presentar o ANEXO 1 de declaración responsable.

ACTIVIDADE

DATOS PERSOAIS DO PARTICIPANTE

O/a participante é a persoa que vai participar na actividade, en caso de ser menor de idade deberán rexistralo/a o seu pai/nai/titor na seguinte páxina


ENDEREZO


DATOS DE CONTACTO


OBSERVACIÓNS E APOIO

No caso de precisar apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional, ou apoio técnico ou loxístico deberá comunicar esta circunstancia previamente á organización.

Padeces algunha enfermidade, alerxia ou intolerancia, que considere debemos ter en conta?. Precisa apoio técnico ou loxístico?

Verificación Idade
No caso de que o/a participante sexa menor de idade deberá cumplimentar a seguinte Autorización do/a pai/nai/titor.
Normas e Condicións

Lea e acepte as seguintes:

Normas de participación nas actividades


ENVÍO DE INFORMACIÓN

Autorizo ó Concello de Soutomaior a enviarme información sobre outras actividades que organiza ó meu correo electrónico?


AUTORIZACIÓN USOS DAS IMÁXENES

Para poder participar nesta actividade debe aceptar o uso institucional que o Concello de Soutomaior poida facer das imaxes ou vídeos que se fagan durante a actividade.


OBSERVACIÓNS ADICIONAIS

Sinatura

Sinatura do/a Participante

Declaro que son maior de idade. Faga a súa sinatura co dedo. Si non lle parece que saiu ben a sinatura, borre e volva a facela.


Accesos : 103