OBRADOIROS / Concellería de Cultura  

Obradoiro Artístico coa artista local Sara Obelleiro 

Inicio da actividade: 19-03-2023
Fin da actividade: 19-03-2023
Dias da actividade: Domingo 19 de marzo
Horarios: de 11:00 a 13:00 h
Destinatarios/as: 5 - e máis anos
Menores: Menores con autorización, -12 anos acompañados
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: 20 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

Inscricións: 
ata 18 de marzo 

DESCRICIÓN

Nesta exposicion recompilase unha serie de obras da artista podendo ver a sua breve traxectoria na arte. Atoparémonos principalmente con obras de carácter paisaxístico e psicolóxico, onde se nos presentan as grandes problemáticas coma a morte, a soidade ou as enfermidades mentais, sendo a sua obra principal Re-habilitado.

A exposición será inaugurada contando con esta artista que nos fará unha pequena visita guiada por toda a súa obra. A continuación unirase ao obradoiro artístico guiado por Belén Veleiro deseñado para  aplicar algunhas das técnicas que usa Sara Obelleiro e afondar na súa obra a partir dunha reinterpretación das súas pezas onde as persoas participantes explorarán os temas que  motivan e inspiran a esta artista.

A visita guiada será de balde e sen inscrición previa.

O obradoiro será de balde pero haberá que inscribirse en liña. Prazo límite xoves 16 de marzo. As prazas son limitadas.

QUEN É SARA OBELLEIRO? 

Esta artista local, conta cunha traxectoría que pódese ver reflectida nas obras da exposición que se presentará no Multiúsos de Arcade no marco do programa Artellando promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior.

Dende os seus comezos no mundo da arte, as acuarelas foron unha das súas paixóns compartindo este posto coa fotografía, outro grande que me a leva acompañando dende que tivo a súa primeira cámara, alí polos 10 anos.

Xa na etapa dos estudos deu un pequeno rodeo ata atoparse estudando Belas Artes na facultade de Pontevedra, alí descubriría a admiración por todas as disciplinas artísticas, ainda que sempre con máis afinidade polas xa mencionadas.

Grazas a certos compañeiros e compañeiras obtivo os coñecementos para achegarse a outras ramas da arte que ainda non explorara, como pode ser o vídeo, algo que gardou con gran agarimo no corazón a pesares de parecerlle demasiado complexo, xa que grazas a este tiveron a primeira exposición no museo de arte contemporéno CGAC.

Unha das disciplinas coas que mellor se entendeu foi coa pintura, e en concreto o óleo foi co que máis lle gustou expermientar, a pesares diso a finais da carreira decidiu volver á fotografía para pechar asi a súa etapa nos estudos.

Na etapa que se atopa agora decidiu experimentar sobre todo coa arte dixital, disiciplina que na carreira foi máis unha ferramenta que un fin, tratando de reivindicar a importancia que ten como obra. A día de hoxe está facendo ilustracións e obras por encargo, sobre todo en dixital, e impartindo talleres con compañeiras.

Sara Obelleiro Argibay está no CATÁLOGO DE ARTISTAS LOCAIS (fai click)

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 594