Category Image  EXPOSICIÓNS / Concellería de Mocidade  

 

Exposición “MERGULLOS: ACHEGA ÁS TÉCNICAS PICTÓRICAS MIXTAS” 

Inicio da actividade: 30-05-2023 
Fin da actividade: 08-06-2023

Días de visita: Luns a venres
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Público dirixido: Público Xeral
Lugar: Multiusos, Arcade
Acceso: Libre sen entrada

Descrición:

Nesta exposición o alumnado dos grupos ESPERTANDO A CREATIVIDADE e INFANTIL I e II da ESCOLA MUNICIPAL DE DEBUXO E PINTURA lévannos da man por un percorrido submarino que pon de manifesto moitos dos ítems tocados nas aulas do curso 2022/2023.

Un dos mellores xeitos de exprimir ao máximo a nosa inventiva é acotar o espazo das ideas. Para poñer esto en práctica, temos a proposta de un tema: os peixes e animais mariños… e unha infinidade de posibilidades plásticas.

O alumnado resolve este plantexamento utilizando as técnicas húmidas (como o guache e o acrílico) coas que aplican a teoría da cor e as misturas, rematando as obras con pinceladas de técnicas secas que completan o claroscuro e a profundidade, como os lápices graxos, a cera ou os grafismos e delineados. Como soporte, as telas de lenzo imprimadas.

 


Accesos : 903